Caracterización da raza Galiña de Mos
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/13918
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Caracterización da raza Galiña de Mos |
Autor/a: | Rois Losada, Diego |
Dirección/Titoría: | Benedicto Castellote, José Luis López Alonso, María Marta |
Outro/a autor/a: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Veterinaria. Departamento de Patoloxía Animal |
Palabras chave: | aves de curral | razas autóctonas | recursos zooxenéticos | galo | capón | pularda | galiña | ovo | |
Data: | 2016-03-03 |
Resumo: | Nos últimos anos a FAO, ven alarmando da perda de razas. Para establecer estratexias de conservación dunha raza autóctona, requírese información sobre características fenotípicas, a súa orixe, sistemas de produción, evolución dos seus censos, rasgos xenéticos singulares e a tipificación das súas producións e reproducións. Neste traballo faise a caracterización da raza e as recomendacións para unha xestión eficiente. A Galiña de Mos ten referencias escritas desde o ano 1936, tras ser seleccionada a partir de exemplares da zona da Terra Chá, na provincia de Lugo, aínda que existían exemplares por todo o interior de Galicia. A súa orixe xenética é moito anterior. Tras ser empregada décadas atrás en produtos avícolas de calidade, a chegada da avicultura industrial provocou o abandono progresivo da súa cría ata situarse ao bordo da extinción. A implantación dun Programa de Conservación na raza, permitiu a recuperación dos seus censos ata ter 6.253 reprodutores, con 26.373 nacementos en 2014, sendo a raza de galiñas autóctonas españolas con maior censo. A súa produción oveira foi de 185 ovos anuais, tendo este produto unhas cualidades nutritivas diferencias, con gran cantidade de aminoácidos esenciais, con elevadas proporcións de xema e menor humidade que as estirpes industriais. A produción cárnica destacou nos catro produtos analizados, Galo, Capón, Pularda e Galiña, en comparación ás estirpes industriais, por ser de elevado rendemento en partes nobres, cunha carne fina e cun sabor máis intenso. A pel mostra unha cor amarela uniforme sendo moi fina, con pouca graxa subcutánea. Son carnes moi nutritivas, zumarentas, tenras, pouco fibrosas, cunha cor máis intensa e boa intensidade de olor. Con pouca graxa, que ademais é de alta calidade e moi saudable, cunha alta proporción de ácidos graxos poliinsaturados, de omega 6 e de omega 3. A súa xenética permite obter produtos diferentes, os sabores de antes. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/13918 |
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl |
Coleccións
-
- Área de Ciencias da Saúde [1255]
A licenza do ítem descríbese como
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl