As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/14763
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960 |
Autor/a: | Pintos Barral, Xoana |
Dirección/Titoría: | Gurriarán Rodríguez, Ricardo (dir.) Prieto Estévez, Gerardo Bermejo Patiño, Manuel R., 1945- |
Outro/a autor/a: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Química. Departamento de Física Aplicada. Programa de Doutoramento Historia das Ciencias e das Técnicas |
Palabras chave: | Mulleres | Ciencias experimentais | Estudos de xénero | Universidade | |
Data: | 2016-05-19 |
Resumo: | O obxectivo principal deste traballo era coñecer como se producira o acceso feminino aos estudos experimentais na Universidade de Santiago dende a promulgación da R.O. de 8 de marzo de 1910 que recoñecía o dereito das mulleres a cursar estudos libremente nos centros oficiais de ensino. Un segundo aspecto consistía en darlles visibilidade como parte integrante desta institución educativa superior, a única existente en Galicia naquel momento. Nunha primeira parte desenvolvemos un marco teórico sobre a perspectiva de xénero, estudos de xénero e conceptos clave. Na segunda expoñemos o marco histórico con referencia á educación superior das mulleres. Finalmente na terceira parte, afondamos na análise da presenza das mulleres nas facultades de Ciencias, Medicina e Farmacia, únicas facultades experimentais na US no momento do noso estudo. O método empregado foi a análise dos libros de rexistro de matrícula que se encontran no Arquivo Histórico Universitario, examinando tamén outra documentación neste e noutros arquivos. Habería que xustificar o acoutamento da tese entre 1910 e 1960 en función da restritiva lexislación vixente sobre o uso documental e persoal. As alumnas procedían principalmente de áreas urbanas, gardando especial relación co emprazamento de centros de ensino medio. O perfil familiar das estudantes era de clase media/ media alta, observando baixa representación das rendas máis baixas. O éxito académico foi elevado entre as matriculadas nas primeiras décadas, en especial entre as alumnas de Medicina. Dende o curso académico 1928-29 a US supera á media universitaria española en poboación feminina, colocándose á cabeza, a partires de 1939. As diferenzas máis significativas aparecen na Facultade de Ciencias, sendo a que reflicte maior incremento de matrícula entre 1942-1958. Non puidemos saber se todas estas mulleres acadaron os seus obxectivos profesionais pero puidemos seguir algúns percorridos vitais que aparecen no apartado de Itinerarios de mulleres máis significativas |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/14763 |
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl |
Coleccións
-
- Área de Ciencias [953]
- Oficina de Igualdade de Xénero [283]
A licenza do ítem descríbese como
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl