Empédocles, Deus suposto: o filósofo, o poeta, o taumaturgo e o home
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/15310
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Empédocles, Deus suposto: o filósofo, o poeta, o taumaturgo e o home |
Autor/a: | Vidal Triñanes, Ángela |
Dirección/Titoría: | García López, Yolanda |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía |
Palabras chave: | Empédocles | Filosofía grega | Poesía grega | Relixión e literatura | |
Data: | 2016 |
Resumo: | O presente traballo ten por obxecto ubicar as controversias, na súa gran maioría plantexadas dende o anacronismo, arredor da xenuína e pretenciosamente esfarelada e entebrecida figura de Empédocles de Acragante. Non en balde retratado por Lucrecio coma 'o máis grande que puido ter parido Sicilia', cuxo peito 'albergaba versos que proviñan dunha estirpe máis divina que humana', así deixou constancia o propio Empédocles nos seus poemas, nos cales el forxa a súa propia lenda, autoproclamándose coma un deus ante os seus concidadáns. Facer casar esta imaxe dun Deus coa do filósofo que todos coñecemos non é sinxelo, e menos aínda abordar a súa poesía cun método que sexa xusto coa diversidade e complexidade deste poetafilósofo sen amputar boa parte da súa xenialidade. Mais estas pretensións son posíbeis se se parte da presunción de que este home feito deus nos seus versos, capaz de desatar trebóns, de desterrar pestes e de traer mortos á vida, está a escribir dende unha óptica deliberadamente mística |
Descrición: | Traballo Fin de Grao en Filoloxía Clásica. Curso 2015-2016 |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/15310 |
Dereitos: | Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España |
Coleccións
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: