Avaliación do impacto de eventos culturais: O caso do festival de Cans en Galicia
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/15457
Título: | Avaliación do impacto de eventos culturais: O caso do festival de Cans en Galicia
|
Autor/a: | Núñez Alonso, Francisco Javier
|
Dirección/Titoría: | Sanjiao Otero, Francisco Javier
|
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
|
Palabras chave: | Avaliación de eventos | Impacto económico | Impacto social | Impacto mediático | |
Data: | 2017
|
Resumo: | “Avaliación do impacto de eventos culturais: O caso do Festival de Cans ” é un traballo de investigación sobre o festival de curtametraxes galego. Ao longo do estudo mediuse o impacto do festival nas súas dimensións económica, social e comunicativa obténdose datos que permiten á organización xustificar o investimento público, atraer investimento privado e motivar a asistencia do público. Coa información recollida das persoas participantes procedeuse ao establecemento de relacións entre variables demográficas, hábitos de consumo, percepción do festival e gasto co obxectivo de establecer propostas de mellora que permiten axustar a oferta á demanda, potenciar a comunicación e maximizar a xestión económica. O documento péchase cun sistema de indicadores, creado ad hoc para o evento, que permite posicionar o produto no mercado cultural e diagnosticar tendencias no modelo de festival apoiando a toma de decisións. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/15457
|
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
|