A Participación do testador como forma de participación: réxime xurídico e comparativa con outras disposicións particionais
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/16378
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | A Participación do testador como forma de participación: réxime xurídico e comparativa con outras disposicións particionais |
Autor/a: | Carrete Pardal, Xudit |
Dirección/Titoría: | Rebolledo Varela, Ángel Luis |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Dereito Común |
Palabras chave: | Participación do testador | Normas particionais | Adxudicacións | Sucesión testada | Documento extratestamentario | Bens gananciais | Dereito civil de Galicia | Participación conxunta unitaria | |
Data: | 2017 |
Resumo: | O tema central deste traballo é a partición polo testador. Fundamentalmente, analízanse os aspectos que maior problemática práctica presenta este tipo concreto de partición. A tal efecto , divídese nunha introdución, a cal fai unha aproximación á do testador como unha forma de partición particular, e tres capítulos. No primeiro realízase unha comparativa entre a partición do testador e outras disposicións testamentarias: adxudicacións e normas particionais. Desta forma, diferéncianse as tres disposicións e os distintos efectos de cada unha. Finalmente, resólvense as contradicións que estas disposicións poden presentar coa institución en testamento. A máis relevante consiste na contradición da partición coa institución de herdeiro, a cal soluciónase, en principio, a favor da partición. O segundo capítulo xa se centra nun análise profundo dos caracteres e requisitos da partición do testador. En resumo, precísase un testamento que sirva de base á partición e non se esixe realizar esta partición en testamento (cabe a partición en documento separado non testamentario). En principio, non se admite unha partición parcial e é necesario partir bens propios do testador. Con todo, explícase que, baixo determinadas circunstancias, a xurisprudencia permite incluír bens gananciais na partición do testador. Por último, esta partición configúrase como imperativa, de forma que os herdeiros están vinculados por esta. Pese a que non poden prescindir dela, admítese que realicen actos dispositivos que modifican o destino dos bens querido polo causante. Ademais, no Dereito común a partición do testador é un acto persoalísimo e individual , mentres que no Dereito galego regúlase a posibilidade de que os cónxuxes realicen conxuntamente e nun único documento a partición dos seus bens, privativos e comúns. Desta forma, o terceiro capítulo pecha o traballo expoñendo o funcionamento básico da partilla conxunta e unitaria, a cal non se concibe nin se permite no réxime do Código civil. |
Descrición: | Traballo Fin de Grao en Dereito Común. (Curso 2016/2017) |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/16378 |
Dereitos: | Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España |
Coleccións
-
- Grao en Dereito [41]
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: