Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/23164
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes |
Autor/a: | Miranda Castañón, Marta Inés Rigueira Rey, Lucas |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Veterinaria |
Palabras chave: | Clínica Médica Veterinaria II | Grao en Veterinaria | |
Data: | 2012 |
Editor: | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico |
Serie: | Unidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Clínica Médica Veterinaria II ; 7 |
Resumo: | Esta unidade didáctica denominada «Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes» forma parte da materia «Clínica Médica Veterinaria II» que se imparte no primeiro semestre do 5º curso do Grao en Veterinaria. Nesta materia estúdanse as patoloxías cardio-respiratorias e dixestivas dos animais domésticos. Nunha primeira parte abórdanse as patoloxías cardíacas, posteriormente as respiratorias e as patoloxías dixestivas trátanse por especies. Dentro destas, estúdanse en primeiro lugar as patoloxías dixestivas dos pequenos animais (can e gato), posteriormente abórdanse dun xeito xeral as patoloxías das glándulas anexas, fígado e páncreas. A continuación estúdanse as patoloxías dixestivas dos ruminantes, nas que se encadra a presente unidade didáctica e nas que imos diferenciar: patoloxías do rume, do abomaso e de lactantes. Remata o bloque co estudo das patoloxías dixestivas dos équidos. Esta materia ten carácter obrigatorio e está vinculada a área de coñecemento de Ciencias Clínicas Veterinarias. Xustificación da unidade didáctica no contexto da materia e da titulación, requisitos previos e duración Unha das competencias disciplinarias dos profesionais veterinarios é a actividade clínica e esta materia é fundamental para o desenvolvemento da devandita actividade, e máis concretamente, esta unidade didáctica é fundamental para a clínica do gando vacún. Esta materia sitúase ao final do bloque formativo das ciencias clínicas, e nela sintetízanse e recupéranse os coñecementos previamente adquiridos mediante o estudo de cada enfermidade en particular e pola aplicación de numerosos conceptos doutras materias previamente cursadas. É por isto fundamental ter coñecementos previos de anatomía, fisioloxía, fisiopatoloxía, propedéutica clínica, nutrición, farmacoloxía e terapéutica e enfermidades infecciosas e parasitarias. O igual que noutras materias será moi útil ter coñecementos de inglés e informática. Os contidos desta unidade didáctica serán impartidos en cinco horas: dúas de docencia teórica e tres de prácticas clínicas. |
Descrición: | Titulación: Grao en Veterinaria -- Materia: Clínica Médica Veterinaria II |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/23164 |
ISBN: | 978-84-9887-898-1 |
Dereitos: | © Universidade de Santiago de Compostela, 2012. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0) Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional |
Coleccións
-
- ACS-Unidades didácticas [32]
- SNL - Unidades didácticas [121]
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: