A mistica da feminidade en Mad Men
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/26465
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | A mistica da feminidade en Mad Men |
Autor/a: | Cascudo Rodríguez, José Antonio |
Dirección/Titoría: | López Gómez, Antía María |
Centro/Departamento: | Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Filosofía |
Palabras chave: | Televisión | Cultura | Feminismo | Friedan Weiner | Mad Men | Don Draper | Publicidade | |
Data: | 2021 |
Resumo: | Esta investigación trata de desvelar as conexións existentes entre a ficción televisiva Mad Men (AMC, 2007-2015) e La mística de la feminidad, de Betty Friedan, un dos textos claves da denominada segunda onda do feminismo, publicado en 1963. Ambas as obras inciden no papel que desempeña a muller durante a década dos sesenta do pasado século, no contexto da cultura de masas, coa sociedade de consumo, a publicidade e a televisión como algún dos seus trazos definitorios. Betty Draper, un dos personaxes principais de Mad Men, representa o paradigma da mística da feminidade, xa que amosa todos os síntomas propios das mulleres de clase media da súa época, consagradas aos labores domésticos a pesar de teren conquerido os seus dereitos políticos e civís con anterioridade á Segunda Guerra Mundial. Do mesmo xeito abórdase o estigma que supón o concepto de muller de carreira, introducido en Mad Men a través doutros personaxes como Peggy Olson ou Joan Holloway, para mostrar os diferentes niveis de dependencia dos convencionalismos sociais segundo as circunstancias particulares de cada muller. A masculinidade hexemónica, representada polo personaxe de Don Draper, colide cos anhelos dos personaxes femininos de Mad Men na súa incesante procura dunha identidade de seu. A análise das pautas de conduta destes personaxes axuda a comprender os mecanismos sociais e culturais que frean o acceso da muller á esfera laboral, tal e como describiu cinco décadas antes Betty Friedan. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/26465 |
Dereitos: | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional |
Coleccións
O ítem ten asociados os seguintes ficheiros de licenza: