Proposta dunha metodoloxía para a participación pública nos procesos de planificación forestal
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/11995
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Proposta dunha metodoloxía para a participación pública nos procesos de planificación forestal |
Autor/a: | Bruña García, Xabier |
Dirección/Titoría: | Marey Pérez, Manuel Francisco (dir.) |
Outro/a autor/a: | Universidade de Santiago de Compostela. Escola Politécnica Superior. Departamento de Enxeñaría Agroforestal. Instituto de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) |
Palabras chave: | proxectos e planificación | participación pública | representatividade | grupos de interese | |
Data: | 2014-12-15 |
Resumo: | A participación da sociedade nas decisións relativas á planificación e ordenación do territorio é fundamental para acadar solucións viables e duradeiras. A actuación conxunta de todos os sectores involucrados na planificación forestal, tanto de carácter táctico como estratéxico, permite elaborar solucións á xestión futura dos recursos do monte, seleccionando e aplicando aquela ou aquelas de consenso. A procura de acordos entre os grupos de interese é o factor máis importante na planificación de áreas rurais, onde o territorio é o sustento de todas as actividades. A clave do éxito está na representatividade ou presenza equilibrada de todos os axentes en aras de obter un obxectivo común, que transcenda ós obxectivos individuais. Esta tese afonda no traballo científico feito ata o de agora con respecto á participación pública na planificación forestal. Propón e valida unha nova metodoloxía que serva para integrar a grupos sociais con escasa experiencia en procesos participativos para a planificación de recursos naturais en rexións demograficamente en recesión. Deste xeito combínase a enxeñería de planificación, clásica do século XX, coa participación social, necesaria no século XXI, para acadar a sostenibilidade e a gobernanza efectiva.The participation of society in decisions regarding land planning and management is essential to achieve long-lasting and viable solutions. The joint action of all the sectors involved in tactic and strategic forest planning gives the opportunity to develop solutions for the forest's future management, selecting and applying consensual ones. The search for agreements among stakeholders is the most important factor in rural areas, where land is the basis of all activities. The key to success lies in the representativity or balanced presence of all the agents to achieve a common objective. This thesis examines the scientific work carried out so far about public participation in forest planning. It proposes and validates a new methodology to integrate social groups with little experience in participative processes for natural resource planning in areas with demographic collapse. It combines planning engineering, typical of the 20th century, with social participation, necessary for sustainable and effective governance in the 21st. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/11995 |
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl |
Coleccións
A licenza do ítem descríbese como
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl