Estudio del sistema del interferón en células aviares infectadas con el reovirus aviar S1133
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/13396
Ficheiros no ítem
Metadatos do ítem
Título: | Estudio del sistema del interferón en células aviares infectadas con el reovirus aviar S1133 |
Autor/a: | Lostalé Seijo, Irene |
Dirección/Titoría: | Benavente Martínez, Francisco Javier Martínez Costas, José Manuel |
Outro/a autor/a: | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Química. Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular. Centro Singular de Investigación en Química Bioloxíca e Materiais Moleculares (CIQUS) |
Palabras chave: | Virus | inmunidade innata | reovirus aviario | interferón | proteína quinasa R | |
Data: | 2015-06-09 |
Resumo: | Os reovirus aviarios son virus sen envoltura lipídica e xenoma de ARN bicatenario que infectan a aves, causando enfermidades coma a artrite infecciosa ou a síndrome de malabsorción. Neste traballo estudouse a resposta inmune innata que este virus desencadea en dous tipos celulares do seu hospedador natural, o polo, e comparouse coa xerada por outros virus coma o virus vaccinia e o virus da estomatite vesicular. O reovirus aviario é o único dos virus estudados capaz de inducir a produción de interferón (IFN) e aumentar os niveis da proteína quinasa R (PKR) en cultivos primarios de fibroblastos embrionarios de polo (CEF), mentres que é incapaz de facelo na liña celular DF1 derivada destes, o que podería depender de diferenzas nos niveis dos receptores de recoñecemento de patrón (PRRs) ou a unha menor eficiencia de infección destas células. A indución de IFN en CEF infectadas co reovirus aviario depende da decapsidación do virus pero non da expresión dos seus xenes. O reovirus aviario é resistente ao IFN e é capaz de impedir a activación de PKR e a fosforilación de eIF2, ao contrario que os outros dous virus estudados. Esta capacidade para impedir a activación de PKR depende da capacidade da proteína A para unir ARN bicatenario. Por outra banda, observouse que o pretratamento con IFN de células DF1 aumenta a cantidade de células infectadas co reovirus aviario mediante un mecanismo independente da activación das caspasas. Finalmente, estudáronse algúns posibles mecanismos da inhibición da síntese das proteínas celulares durante a infección con reovirus aviario. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/13396 |
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl |
Coleccións
-
- Área de Ciencias [947]
A licenza do ítem descríbese como
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl