Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea. O papel de Juan Rof Codina
Por favor, use este identificador para citas ou ligazóns a este ítem:
http://hdl.handle.net/10347/9562
Título: | Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea. O papel de Juan Rof Codina
|
Autor/a: | Conde Gómez, Diego
|
Dirección/Titoría: | Fernández Prieto, Lourenzo
Cifuentes Martínez, José Manuel (dir.)
|
Outro/a autor/a: | Facultade de Veterinaria. Departamento de Anatomía e Produción Animal
|
Palabras chave: | Rof Codina | Mellora pecuaria en Galicia | Séculos XIX e XX | |
Data: | 2013-12-27
|
Resumo: | Os cambios que se produciron no campo galego entre o século XIX e o XX, non pode ser entendido sen o coñecemento da labor de persoas e colectivos, que loitaron por introducir e difundir no noso país os novos progresos técnicos que viñan do resto de España e Europa, sacando a Galicia da crise agraria de fins do século XX Así, neste traballo tomase como base a labor realizada neste ámbito por Juan Rof Codina para tratar de aportar novos coñecementos sobre o papel que xogou a profesión veterinaria na mellora pecuaria da Galicia Contemporánea. Tratase de contextualizar a veterinaria entre a segunda metade do século XIX e a primeira metade do século XX, período no cal prodúcese un dos principais cambios que se levaron a cabo na profesión, xa que neste momento conviven o final da Albeitería e o comezo da Veterinaria científica.
OBXECTIVOS
1. Establecer o contexto histórico de Juan Rof Codina (1874-1967) describindo o entorno político e social da sociedade agraria da época e a situación da veterinaria en Galicia e España durante este período
2. Realizar o estudio biográfico e bibliográfico da persoa de Rof Codina.
3. Levar a cabo un análise da súa obra, achegándonos ao seu maxisterio, o papel divulgador que xogou a mesma, centrándonos principalmente na labor desenvolvida a prol da mellora pecuaria en Galicia.
4. Descrición do nacemento e evolución das estructuras publicas e privadas referentes a sanidade e mellora gandeira na Galicia contemporanea
5. Recuperación da memoria gráfica da veterinaria a través do fondo fotográfico de Rof Codina. |
URI: | http://hdl.handle.net/10347/9562
|
Dereitos: | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
|