Sistema automático para a segmentación das capas da retina en pacientes con glaucoma mediante OCT

Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/36445Coleccións
- Investigación (FIC) [1635]
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Sistema automático para a segmentación das capas da retina en pacientes con glaucoma mediante OCTAutor(es)
Data
2023-12Cita bibliográfica
Gende, M., de Moura, J., Robles, P., Fernández-Vigo, J.I., Martínez-de-la-Casa, J.M., García-Feijoo, J., Novo, J., & Ortega, M. (2023). Sistema automático para a segmentación das capas da retina en pacientes con glaucoma mediante OCT, BIOINTEGRASAÚDE 2023
Resumo
É fundamental realizar unha diagnose precoz do glaucoma para preservar a saúde visual dos
pacientes. Mediante distintos patróns de Tomografía de Coherencia Óptica (OCT), é posible medir o
grosor das capas do tecido nervioso en diferentes partes da retina, extraendo información sobre o seu
estado e a súa evolución. Neste traballo, presentamos dúas aproximacións automáticas baseadas en
aprendizaxe profunda para a segmentación das capas da retina nos tres patróns OCT máis comúns para
a diagnose do glaucoma: escaneos circulares ao redor do disco óptico, radiais a través do disco óptico,
e volumétricos extraídos sobre a superficie macular. A primeira aproximación aproveita a similitude
entre as distintas vistas da retina para adestrar un único modelo multi-vista capaz de realizar a
segmentación en calquera dos patróns. A segunda aproximación utiliza unha serie de modelos
especificamente adestrados para maximizar a precisión en cada unha das vistas, precedido por unha fase
de decisión na que se determina automaticamente o modelo axeitado para analizar cada imaxe.
Obtivéronse resultados satisfactorios, cunha precisión de 0.85±0.07 e 0.88±0.09, así coma unha
exhaustividade de 0.87±0.06 e 0.87±0.07, respectivamente, para a primeira e segunda aproximación. O
uso destes sistemas pode resultar de gran utilidade á hora de acadar unha diagnose precoz desta
patoloxía, axudando a preservar a calidade de vida dos pacientes.
Palabras chave
Diagnóstico asistido por computador
Tomografía de coherencia óptica
Glaucoma
Aprendizaxe profunda
Segmentación
Tomografía de coherencia óptica
Glaucoma
Aprendizaxe profunda
Segmentación
Descrición
BIOINTEGRASAÚDE 2023, celebrada en A Coruña o día 14 de Decembro de 2023, organizada polo Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS)