Haluros de Alquilo
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A planificación para un curso de química orgánica xeral no que se encadra esta unidade didáctica fíxose mediante unha ordenación segundo os distintos grupos funcionais. Isto permite subministrar os coñecementos básicos sobre a estrutura das moléculas orgánicas ao mesmo tempo que posibilita a introdución progresiva dos distintos tipos de reaccións(substitución, eliminación, adición, etc.). Esta ordenación é aconsellable, dende o punto de vista pedagóxico, para o alumnado que se inicia no estudo da química orgánica, pero non impide que se vaian introducindo ao longo do curso as relacións existentes entre funcións que dan reaccións similares. Deste xeito, evitarase un programa con contidos excesivamente enciclopédicos e de carácter demasiado descritivo. Tendo por obxecto que o estudante comprenda a química orgánica dunha maneira lóxica e entenda o seu carácter encadeado. Por iso, é necesario a compresión e o coñecemento dos temas anteriores para o seguimento dos posteriores.
Finalmente, os coñecementos adquiridos aplícanse ao deseño de sínteses sinxelas de compostos orgánicos.
Esta unidade didáctica encádrase no bloque II sobre a reactividade dos compostos orgánicos. Aínda que na unidade didáctica anterior se estuda a reactividade dos alcanos é realmente nesta onde se inicia o estudo dos mecanismos e da reactividade dos compostos orgánicos, xa que se estuda por primeira vez un composto orgánico que contén un grupo funcional. Introdúcense as reaccións de substitución nucleófila e de eliminación, cuxo entendemento vai ser imprescindible e, ao mesmo tempo, facilitar o estudo dos contidos posteriores. De feito, practicamente en todos os temas que seguen vaise facer referencia á similitude doutras
reaccións con estas. Por outra parte, a súa comprensión vai permitir o entendemento de moitos procesos que teñen lugar na industria e mesmo nos seres vivos, xa que moitas reaccións que ocorren na natureza, así como a actividade de certos pesticidas, fármacos, axentes mutáxenos, etc. pódense explicar por medio destes mecanismos.
Description
Titulación: Grao en Enxeñería de Procesos Químicos Industriais -- Materia: Química Orgánica
Keywords
Reactividade dos compostos orgánicos| Reactividad de los compuestos orgánicos| Enlace carbono-halóxeno| Enlace carbono-halógeno| Substitución nucleófila bimolecular| Sustitución nucleófila bimolecular| Substitución nucleófila unimolecular| Sustitución nucleófila unimolecular| Nucleófilos| Electrófilos| Grupos saíntes| Grupos salientes| Química Orgánica| Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is replaced by
Is version of
Replaces
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2011. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)