Tratamento dos datos analíticos
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Esta unidade didáctica é a primeira toma de contacto do alumnado co estudo do tratamento dos datos analíticos e a comprobación da súa calidade.
Este estudo poderase completar máis adiante dentro do programa desta materia cando se presente o resto dos parámetros de calidade dos métodos analíticos. A importancia deste tema radica en que unha vez obtidos os datos analíticos, o primeiro aspecto que se ten que considerar é a verificación da calidade dos mesmos en termos de exactitude e precisión. A presenza ineludible de erros aleatorios impón o concepto de variabilidade dos datos, e obriga ó tratamento estatístico dos resultados co fin de estimar a fiabilidade
e a robustez do método analítico. Ademais, a análise non se pode considerar finalizada ata que os datos obtidos non sexan procesados e expresados de maneira que poidan extraer toda a información que se require para a resolución do problema analítico.
Como a unidade didáctica anterior está dedicada a proporcionar unha visión global da Química Analítica centrada sobre o esquema do proceso analítico,a orde lóxica das seguintes unidades didácticas debería basearse na disposición cronolóxica das súas distintas etapas. Porén, esta unidade, que en realidade debería ser impartida ao final do programa, por ser o tratamento de datos unha das últimas etapas do proceso analítico, sitúase ao principio.
A ruptura desta orde lóxica débese a un criterio práctico compartido pola xeneralidade dos docentes que imparten esta materia na nosa universidade e noutras, tanto españolas coma estranxeiras. Por exemplo, non é doado explicar a varianza asociada ó proceso de mostraxe (unidade didáctica III) se previamente non se introduce o concepto de erro, os tipos de erros e os parámetros estatísticos que se poden utilizar para avalialos. Do mesmo xeito, cando se define límite de detección e de cuantificación dun método analítico (unidade didáctica IV) será necesario explicar previamente os erros asociados á incerteza dunha determinación analítica.
Description
Titulación: Licenciatura en Química -- Materia: Química Analítica II
Keywords
Erros experimentais| Errores experimentales| Erros groseiros ou accidentais| Errores gruesos o accidentales| Erros aleatorios, indeterminados ou ao azar| Errores aleatorios, indeterminados o al azar| Erros sistemáticos ou determinados| Repetibilidade| Repetibilidad| Reproducibilidade| Reproducibilidad| Curva de Gauss| Gráfico de Cusum| Gráfico de Shewhart| Test Q de Dixon| Test t de Student| Química Analítica II| Licenciatura en Química
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2008. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)