Meninxes, líquido cefalorraquídeo e barreira hematoencefálica

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Esta unidade didáctica está dedicada ao estudo dos “Sistemas de protección do sistema nervioso central (meninxes, líquido cefalorraquídeo e barreira hematoencefálica)”. Inclúese dentro da materia obrigatoria de Neuroanatomía, unha materia da rama das Ciencias da Saúde enmarcada no Módulo “Morfoloxía, estrutura e función do corpo humano”, que se imparte no primeiro semestre do segundo curso do Grao en Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. A materia está dedicada ao estudo da morfoloxía externa e a estrutura do sistema nervioso central (SNC) e periférico (SNP) humano. A Neuroanatomía atópase interrelacionada con varias materias, especialmente con: Citoloxía e Xenética, Histoloxía humana xeral e especial, Anatomía humana xeral e Anatomía do Aparato Locomotor, Fisioloxía xeral e Embrioloxía Humana do mesmo módulo o bloque formativo (do primeiro curso). Ó longo do todo o temario faranse constantes referencias a conceptos introducidos por tales materias. O estudo de Fisioloxía Médica durante o mesmo cuadrimestre que se imparte neuroanatomía ofrecerá conceptos complementarios útiles para esta materia. Os coñecementos adquiridos nesta materia serán necesarios para unha correcta asimilación dos conceptos, que se ofertan en Anatomía para técnicas de imaxe no segundo cuadrimestre do segundo curso. Ó mesmo tempo, a Anatomía por técnicas de imaxe contribuirá á compresión e consolidación do estudado en Neuroanatomía, e a achegala ó campo da medicina clínica. Unha sólida base no coñecemento da estrutura do sistema nervioso (SN) humano é fundamental para a resolución de calquera desafío neurodiagnóstico por parte do futuro médico. Permitiralle comprender e situar correctamente as súas funcións e recoñecer as súas manifestacións tanto en individuos sans coma en individuos enfermos, podendo facer as correspondentes aplicacións á clínica. Ademais, os contidos que ofrece a Neuroanatomía, son fundamentais para o deseño de modelos de estudo adecuados para a investigación de enfermidades que afectan ó SN e á correcta interpretación de resultados experimentais. Será polo tanto esencial para a formación

Description

Titulación: Grao en Medicina -- Materia: Neuroanatomía

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is replaced by

Is version of

Replaces

Requires

Sponsors

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística

Rights

© Universidade de Santiago de Compostela, 2015. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional