Use of high resolution mass/mass spectrometry for the investigation of food safety and environmental impact of organic emerging contaminants
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
A presente tese céntrase no desenvolvemento e optimización de
metodoloxías analíticas, principalmente baseadas na espectrometría de masas en tándem e de alta resolución,
para a determinación de contaminantes orgánicos emerxentes e o seu impacto ambiental, así como a
investigación no ámbito da seguridade alimentaria.
No compartimento ambiental, as dúas clases de contaminantes orgánicos estudiados foron os funxicidas e os
filtros UV, xa que son susceptibles de alcanzar as augas superficiais debido ao seu modo de emprego. Ademais de
metodoloxías para a identificación e cuantificación destes compostos en mostras de augas, propóñense métodos
de fotodegradación eficientes para a súa eliminación.
A cromatografía acoplada a espectrometría de masas de alta resolución co modo de adquisición SWATH foi
empregada tamén para a realización de analíticas non-targeted para a identificación de produtos de degradación.
En canto ao ámbito alimentario, desenvolveuse unha metodoloxía de determinación e cuantificación dun amplo
grupo de micotoxinas nun cento de mostras de alimentación animal. Identificáronse tamén formas modificadas dos
compostos de interese empregando o modo de adquisición SWATH.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is replaced by
Is version of
Replaces
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional