Sistema nervioso
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
O sistema nervioso é o responsable de producir respostas apropiadas en músculos, órganos e glándulas ante cambios detectados no medio externo e interno. É o responsable ademais de funcións superiores tales como a memoria, cognición, autoconciencia, intelecto e personalidade.
É afectado a miúdo por anomalías hereditarias ou do desenvolvemento, por procesos patolóxicos e traumatismos. O incremento na esperanza de vida e o progresivo envellecemento da poboación orixinou que as enfermidades neurodexenerativas (Alzheimer, Parkinson, ataxias...) estean a aumentar na actualidade. Galicia, cunha taxa de envellecemento do 19%, supera en tres puntos a media nacional e as provincias máis envellecidas son Ourense e Lugo, ambas as dúas con case un 26% de poboación maior de 65 anos. (XXIV Reunión Anual da Sociedade Galega de Neuroloxía) A prevención, diagnóstico e tratamento dos trastornos neurolóxicos son, polo tanto, de inmensa importancia socioeconómica. É por iso que unha comprensión da anatomía do sistema nervioso e a súa correlación coa función e a disfunción resulte fundamental para o estudante de farmacia actual, futuro profesional que ha de deseñar e lograr avances en vindeiros
tratamentos.
Na presente unidade didáctica expoñerase a morfoloxía e estrutura macroscópica do sistema nervioso central e periférico. Para iso describiranse os principais núcleos e estruturas do sistema nervioso, cunha dobre aproximación integrada neuroanatómica e neurofisiolóxica, asentando as bases para materias de cursos superiores do tipo de Fisioloxía Humana, Fisiopatoloxía e Farmacoloxía.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is replaced by
Is version of
Replaces
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional