Fundación de sociedades
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
O empresariado é o protagonista da actividade económica a través da
organización eficiente dos recursos escasos e os medios dispoñibles para
satisfacer as necesidades humanas. Baixo unha perspectiva legal, este
empresario pode desenvolver o seu negocio como persoa física,
constituíndo un empresario individual, ou como persoa xurídica, creando
para iso unha sociedade.
Esta unidade didáctica enmárcase na materia de Contabilidade
Financeira II correspondente ao 3º curso do Grao en Administración e
Dirección de Empresas. Céntrase na análise da problemática contable do
empresario que, como persoa xurídica, crea unha sociedade anónima,
figura social moi estendida no tecido empresarial español. Isto é relevante
dado que a creación dunha sociedade mercantil, como é a sociedade
anónima, supón a aparición dun ente xurídico con dereitos e obrigas propias
e, polo tanto, diferentes a aqueles que posúen as persoas que a integran.
En particular, a unidade analiza o proceso contable que supón a fundación
dunha sociedade anónima e as achegas que poden caracterizar o seu
capital social, é dicir, en diñeiro e en cousa distinta a diñeiro. Ademais,
exponse o tratamento contable aplicable aos accionistas que incorren en
mora ao esixirlles o desembolso das súas achegas pendentes.
Os contidos desenvolvidos na unidade enmárcanse no eido da
contabilidade de sociedades e son necesarios para a exposición dos temas
posteriores da materia. Polo tanto, con este tipo de contabilidade aplicamos
as normas que regulan a contabilidade financeira ao rexistro das operacións
que realizan as sociedades mercantís, como é a anónima, tendo en conta o
marco legal ao que están suxeitas. A unidade está deseñada para ser
desenvolvida en 6 horas distribuídas en 2 horas de sesión expositiva e 4
horas de sesión interactiva.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional