O porco de pé como cronografía

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A consideración d’O porco de pé como cronografía permítenos desvelar algúns aspectos que interveñen na construción ideolóxica que opera no interior da novela. A ollada que o autor dirixe sobre o tempo que está a describir non é unha ollada neutra, ocupada en dar conta fiel e exhaustiva dos avatares da historia de Galicia nos anos que median entre 1918, final da Primeira Guerra Mundial, e 1923, inicio da Ditadura de Primo de Rivera, senón que é unha ollada deturpada polas concepcións políticas e culturais de Vicente Risco. De maneira que a novela convértese, á marxe doutras consideracións, nunha peza de inestimábel valor coa que afrontarmos a evolución ideolóxica do seu autor e, tamén, nun elemento central no diálogo existente entre as diferentes partes da obra. Ademais resulta ser unha instantánea das posicións ideolóxicas presentes no tempo da súa redacción, cando Risco era xa consciente de que o seu papel central na dirección do galeguismo comezara a minguar.

Description

Bibliographic citation

FORCADELA, Manuel: « O porco de pé como cronografía», Boletín Galego de Literatura, ISSN 0214-9117, N. 39-40, (1 e 2. Semestre 2008), pp. 159-184

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights