Sobre a norma léxica do galego culto : da prosa ficcional de Nós ao ensaio de Galaxia

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Consello da Cultura Galega
Instituto da Lingua Galega
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Noutros traballos nosos publicados antes temos chamado a atención sobre facetas desatendidas do proceso de constitución da norma culta do idioma galego no período contemporáneo, sinalando en particular a importancia do estudio do léxico e a semántica. O presente contributo ofrécese como unha achega nesa liña. En primeiro lugar, procederemos a desenvolver, explicitar e luír certos aspectos do aparello analítico que vimos empregando, que en artigos anteriores se trataron de xeito sumario e arestora xulgamos que requerían un maior afinamento. En contrapartida, na presente ocasión limitámonos a presentar rapidamente, en liñas xerais, nocións que noutras explicamos máis a fondo e de vagar. A seguir da dita presentación, vén o cerne do traballo, onde ampliamos, matizamos e exemplificamos observacións, reflexións e conclusións que temos avanzado en estudios anteriores. Para facelo, analizaremos e compararemos os procedementos e os resultados no tratamento do vocabulario en dous autores de indiscutible significación na historia recente da ‘lingua de cultura’ galega: Ramón Otero Pedrayo (1888-1976) e Ramón Piñeiro (1915-1990). Finalmente, incluímos o obrigado colofón bibliográfico, cinguido aos estudios máis importantes en que nos esteamos, seguindo un criterio moi selectivo; descansamos, pois, nos amplos repertorios que conteñen os contributos que aí figuran, especialmente os nosos propios, onde o lector ou lectora poderá identificar a literatura aquecente.

Description

Bibliographic citation

Monteagudo Romero, X. Henrique (2003). Sobre a norma léxica do galego culto: da prosa ficcional de Nós ao ensaio de Galaxia. En "A estandarización do léxico" (pp. 197-253). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega: Instituto da Lingua Galega

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights