Disolucións e as súas propiedades
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Esta unidade didáctica Disolucións e as súas propiedades forma parte da materia de formación básica Química, que se imparte no
primeiro curso do grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural. A materia, que é anual, está organizada en catro bloques,pertencendo
esta unidade n.º 2 ao primeiro deles.
Despois de estudar algúns conceptos básicos e terminolóxicos da química na unidade didáctica anterior (unidade n.º 1), neste tema utilizaremos estes coñecementos para abordar o estudo das disolucións e as súas propiedades. A maioría dos materiais con que
interactuamos na vida cotiá son mesturas, moitas das cales son disolucións. Así, o aire que respiramos ou a auga do mar son
exemplos de disolucións. Este tema é unha parte fundamental da materia por dúas razóns:
1. A meirande parte dos procesos químicos que serán estudados nos bloques B e C teñen lugar en disolución.
2. O dominio dos cálculos para a preparación de disolucións de fertilizantes e outros compostos é de grande importancia para o
traballo no laboratorio e para o posterior desempeño do labor profesional da enxeñeira ou do enxeñeiro forestal e do medio natural.
Ademais, faremos fincapé nos fenómenos relativos ás aplicacións das disolucións, o que nos permitirá entender por que cando vai
frío en inverno debemos engadir anticonxelante á auga do sistema de refrixeración dun automóbil, ou botar sal nas estradas para evitar a formación dunha capa de xeo.
Description
Titulación: Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural -- Materia: Química
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)